BNG solidarízase con Herrira e considera que o Goberno español "intenta eliminar" o proceso de paz

Através dun comunicado pendurado na súa web, a frente nacionalista xulga a operación contra Herrira como un "gravísimo ataque aos dereitos democráticos".

Executiva Nacional BNG
photo_camera Executiva Nacional BNG

A operación decretada pola Audiencia Naciona contra a asociación cívica de defensa dos dereitos d@s pres@s de ETA Herrira retrata, a xuízo do BNG, a "auténtica vontade" do Goberno español en relación co pobo basco.

Máis aínda: retrata a vontade do Estado en relación ao "proceso de paz en marcha en Euskal Herria", un proceso que o Goberno español, afirma o BNG, "intenta eliminar".

A Executiva Nacional do BNG trasladou a Herrira "unha mensaxe de solidariedade, ánimo e apoio dende Galiza, nestes momentos difíciles e duros, mais tamén esperanzadores".

O BNG expresa aínda o seu "máis absoluto rexeitamento á actuación policial acometida contra Herrira".

Comentarios