O BNG propón un funeral civil o luns polas vítimas do sinistro de Angrois

O portavoz nacional, Xavier Vence, entende que a Xunta de Galicia debe organizar un funeral civil acto que poidan “verse representadas todas as vítimas e no que poida participar toda a cidadanía, con independencia das súas crenzas relixiosas”.

O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, remitiulle unha carta ao presidente da Xunta de Galiza na que lle propón a organización dun funeral civil para as vítimas do sinistro ferroviario de Angrois.

A misiva foi remitida na mañá do sábado e Vence suxírelle ao presidente da Xunta que o acto civil se celebre na Praza do Obradoiro unha hora antes do comezo do funeral relixioso que se vai oficiar na catedral de Santiago o próximo luns 29 de xullo.

O BNG expúxolle previamente, e a través do seu portavoz parlamentar, ao resto dos grupos a conveniencia de organizar un acto civil de homenaxe e honra ás vítimas “que simbolice a dor e conmoción de todo o pobo galego” e que “arroupe e traslade a solidariedade da cidadanía galega aos familiares e amizades de todas as vítimas”.

Comentarios