BNG pide en Bruxelas que os orzamentos da UE teñan en conta os sectores produtivos galegos

O Parlamento Europeo rexeitou a proposta de recortes no orzamento comunitario para 2013 feita polos vinte e sete en eidos como o emprego e a agricultura. O BNG avogou porque as contas comunitarias teñan en conta os sectores produtivos galegos
Ana Miranda no Parlamento europeo
photo_camera Ana Miranda no Parlamento europeo

A postura defendida polo BNG no debate, a través da súa eurodeputada Ana Miranda, é que se teñan en conta os sectores productivos de Galiza para alén da economía real do país e do resto do tecido comunitario. 

O Parlamento europeo rexeitou os recortes propostos polos vinte e sete ao orzamento comunitario de 2013 en capítulos que considera fulcrais, como son os fondos que se destinan á agricultura, ao empego e á administración, ente outros. Nesta liña, @s eurodeputad@s instaron os estados a non incluiren nas contas o recorte de 1.900 millóns de euros que propuñan nestes campos.

Perigo

A Eurocámara advirte que os recortes que barallan os estados para os orzamentos van supor poñer en perigo actuacións "cruzais" para relanzar a economía. @s eurodeputad@s tamén se opuxeron ao recorte de 1.600 millóns de euros que propón o Consello para a política rexional, así como nos fondos adicados á agricultura.

Comentarios