O BNG pide a comparecencia da ministra de Fomento na Deputación Permanente

Ana Pastor terá de comparecer na Deputación Permanente para dar información sobre as "causas" do sinistro ferroviario de Compostela. A súa presenza na Cámara foi demandada formalmente esta mañá polo BNG.

As deputadas do BNG Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez rexistaron a última hora da mañá de hoxe a petición de comparecencia da ministra de Fomento, Ana Pastor.

As parlamentares da formación frentista demandan á membro do Goberno Rajoy que dea toda a información da que dispón sobre as causas que orixinaron o "terríbel accidente", segundo se pode ler no escrito que presentaron hoxe no rexisto do Congreso.

Comentarios