O BNG mostra a gravación na que a concelleira do PP de Cambre vincula homosexualidade e drogadicción

A concelleira do PP de Cambre anuncia querela contra o concelleiro do BNG que a acusou de vincular homosexualidade e drogadicción. Daniel Carballada fai pública a gravación do pleno. 

.
photo_camera .

O concelleiro do BNG de Cambre, Daniel Carballada, fai pública a gravación sonora na que confirma as declaracións nas que a concelleira de Igualdade vincula homosexualidde e drogadicción. Móstrase así tranquilo co anuncio de querela da concelleira do PP. 

Daniel Carballada, concelleiro do BNG de Cambre, fai pública a gravación do pleno do 26 de xuño no que se insiren as declaracións da concelleira do PP, Mª Jesús González nas que vincula homosexualidade e drogadicción. O grupo nacionalista fíxose no concello, tres días despois, cunha copia íntegra do pleno no que se recolle a intervención da concelleira, no derradeiro apartado de rogos e preguntas cando xa marcharan da sala os medios de comunicación. 

“Saímos todos moi sorprendidos pola barbaridade do que dixo. Na nota de prensa que enviamos o único que fixemos foi entrecomiñar as súas declaracións”, explica Carballada

A concelleira do PP anunciou a varios medios de comunicación que ía presentar unha querela contra Carballada para defenderse por medio da xustiza do que cualificou de “inxurias. O concelleiro nacionalista non ten sobre o tema maior noticia do que apareceron en varios xornais e radios mais, sen notificación directa algunha, móstrase tranquilo e amosa a proba que confirma as súas palabras, a gravación íntegra do pleno que ten na súa posesión. 

Segundo lembra Carballada, a intervención da concelleira do PP provocara o balbordo do resto dos grupos da oposición e mesmo do público asistente. “Saímos todos moi sorprendidos pola barbaridade do que dixo. Na nota de prensa que enviamos o único que fixemos foi entrecomiñar as súas declaracións”, explica Carballada que conta coa confirmación por parte do secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira e da deputada Carme Adán de que o tema chegará ao Parlamento. “A vinculación de homosexualidade e drogadicción non é cousa miña. Sácase de maneira limpa e literal das súas palabras", engade Carballada. 

Comentarios