BNG e a esquerda abertzale condenan os asasinatos

As formacións políticas emitiron sendos comunicados en que amosaron repulsa perante o acontecido.

BNG e a esquerda abertzale emitiron cadanseu comunicado após coñeceren a nova das tres activistas asasinadas en París na pasada cuarta feira. Desde a organización frontista, condenaron de "maneira enérxica" o acontecido e instaron á xustiza gala a actuar "coa maior celeridade" á fin de dar coas persoas responsábeis dos asasinatos. Tamén así, @s nacionalistas galeg@s e a esquerda abertzale amosaron a súa "solidariedade coa causa do pobo curdo" e especialmente "coa diáspora". 

Comentarios