xoves 21/10/21

O Bloque suspende os actos do Día da Patria

A formación frontista realizará esta quinta feira 25 unha reunión da súa Executiva nacional na cal decidirá unha data nova para a mobilización. Resolveu a suspensión do acto en solidariedade coas vítimas do accidente de tren acontecido en Santiago


O Bloque vén de decretar a suspensión de todos os actos que tiña previstos para conmemorar o Día da Patria, que inclúen tanto o Festigal como a propia manifestación.

A formación frontista realizará esta quinta feira 25 unha reunión da súa Executiva nacional en que se escollerá unha nova data para a mobilización. A decisión tomouse en solidariedade coas vítimas do accidente de tren acontecido no lugar de Angrois, a catro quilómetros de Compostela.
 
Representantes da formación nacionalista, como o portavoz parlamentar Francisco Jorquera ou o portavoz municipal no Concello de Compostela, Rubén Cela, desprazaronse até o lugar do sinistro para interesarse polo estado [email protected] [email protected] 

comentarios