Beiras atribúe as condenas aos independentistas "à política reaccionaria" dos gobernos do Estado

O voceiro nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, cualifica de "duras" as penas impostas aos 4 acusados de Resistencia Galega, e afirma que "os verdadeiros delincuentes, como Urdangarín, pasean pola rúa"

O voceiro nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, considera que as penas impostos aos catro acusados de pertenza a Resistencia Galega “debemos encadralas na política reaccionaria de involución a respecto dos dereitos cívicos e democráticos”. Beiras que, cualificou de “duras” as penas, entende que se está a dar unha “auténtica desconstitucionalización” por parte do goberno do Estado español.

Para Beiras, “cando deixa de ser o estado do benestar e se converte nun estado da represión penal asistimos ao espectáculo denigrante e que indigna á cidadanía de ver aos auténticos delincuentes, como un Urdangarín, paseando pola rúa”

Comentarios