BDS-Galiza reclama protección para Ana Miranda ao Parlamento e á Xunta

BDS-Galiza diríxelle reclama en carta á Presidenta do Parlamento de Galiza e ao Presidente da Xunta protección para Ana Miranda e o resto dos membros da III Flotilla da Liberdade con motivo das ameazas do Estado de Israel 

miranda
photo_camera miranda

En cartas dirixidas á Presidenta do Parlamento de Galiza, Pilar Rojo e ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, BDS-Galiza reclama protección para Ana Miranda e todos os membros da III Flotilla da Liberdade que se dirixe a Gaza con motivo das ameazas procedentes do Estado de Israel. 

Na carta, BDS-Galiza pon en antecedentes sinalando que o estado e Israel xa chegou á eliminación física de activistas, como no 2010 no Mavi Marmara. Eses feitos fanlle temer ao colectivo “que a integridade física e moral dunha cidadá galega e dos resto dos tripulantes pode estar en perigo, en
patente violación dos Tratados Internacionais e do Dereito a Libre Navegación”. 

Reclámanlle así a Pilar Rojo e Alberto Núñez Feijóo que lle faga chegar ao Ministerio de Asuntos exteriores a petición de adopción de medidas que aseguren a “integración física e moral da cidadá galega que fai parte da Flotilla e os demais integrantes da mesma”. 

Comentarios