sábado 24/07/21

Baralla 'premia' nas súas festas o ‘Cara al Sol’

O grupo denominado co título da canción falanxista foi 'premiado' no concurso dos ‘xantares’ por un xurado composto por tres cregos. Outro dos premios foi para un grupo que lucía enormes bandeiras de España

Baralla, o concello lucense cuxo alcalde afirmou que @s [email protected] polo franquismo merecíano, volveu esta fin de semana a poñer a ‘memoria franquista’ en primeira liña. Foi, segundo conta La Voz de Galicia, no marco das súas festas patronais.

Como é tradición, familias e grupos de [email protected] reúnense para un xantar no que un xurado valora e premia aquelas ‘papatorias’ que entenden que son mellores entre os grupos que participan nesta iniciativa. Nesta ocasión, o xurado estaba composto por tres cregos. Quizás por ser esta unha profesión na que tradicionalmente de ‘papatorias’ sabían un pouco bastante.

Baralla Saudí

Pois ben. Conta La Voz de Galicia que á hora e emitir o veredicto, o que fixo o alcalde (o da frase xustificadora dos asasinatos franquistas). O primeiro premio foi para un grupo que se denomina Baralla Saudí, nome propio daquel ‘Abdul’ dos Resentidos. Na súa caseta, dúas xigantescas bandeiras de España para deixar claro que para saudís, saudís, os españois. O segundo premio recaeun un grupo denominado A Condomiña (Neira de Rei).

E o terceiro foi para o fato denominado ‘Cara al Sol’, o himno da Falange Española de las Jons, composto en 1935 por un grupo de escritores fascistas a petición de José Antonio Primo de Rivera.

O propio alcalde de Baralla, González Capón (PP), quixo quitar ferro ao asunto, dicindo, despois de repetir en varias ocasións o nome do grupo, que “hoxe temos un día espléndido e danos o sol”.

comentarios