“Rescata os teus dereitos. En Bloque podemos!” é o lema da manifestación que, como todos os anos, o BNG inicia na Ferradura con remate na Quintana. Desde o 24, no Campus Sur os nacionalistas organizan o Festigal, un encontro de música, literatura e debate que xa se convertiu nun encontro obrigado na Compostela da Patria.
Causa Galiza co fin de reivindicar a “liberación nacional e social” do país promove unha manifestación con saída da Ferradura ás 13 horas nunha xornada que se completará á tarde cunha romaría popular no Parque de San Roque. Apoian tamén a convocatoria de Ceivar particinpando na V Cadeia Humana pola Liberdade d@s Pres@s Independentistas do 24 de Xullo. Entre a do BNG e a de Causa Galiza ten previsto a saída tamén da Ferradura a marcha de Nós-UP que desde as 12.30 convocará co lema “Nem Espanha, nem uniom Europeia, nem FMI. Indepêndencia, Socialismo, Feminismo”. O remate está p revisto na Praza do Toural coa intervención de Alberte Moço e Rebeca Bravo.
CompromisoxGalicia optou na súa primeira convocatoria no Día da Patria por un acto político no Parque de Bonaval que terá lugar nunha xornada con inicio ás 9.30 e remate ás 24.00 con xogos populares, actuacións musicais e debates. O acto político terá lugar ás 12.30 coas intervencións de. Sara Torreiro, Xosé Manuel Pérez Bouza, Xabier Oviedo, Paulo Carlos, Chus Boo, Teresa Táboas, e Xoán Bascuas
Tamén Anova-Irmandade nacionalista convoca o 25 un acto na Praza de Mazarelos con intervencións políticas que rematarán co discurso de Xosé Manuel Beiras. para continuar logo coa xornada festeira no parque de Belvís.