Bandeiras estreleiras contra o veto nos partidos do Obradoiro

Contra o Real Madrid. O Obradoiro xoga este domingo día 16 contra o Real Madrid e para as 12.30 está convocada unha concentración diante do Fontes do Sar con bandeiras da patria para desafiar o veto nos partidos do equipo de baloncesto da capital galega.
Bandeira da patria
photo_camera Bandeira da patria

A Candidatura do Povo é quen está a promover a convocatoria para o domingo diante do Multiusos Fontes do Sar co fin de facerlle fronte á prohibición de mostrar no campo bandeiras galegas coa estrela. A convocatoria estase a desenvolver a través das redes sociais e busca concentrar para o partido contra o Real Madrid un visíbel número de bandeiras da patria co fin de conseguir vencer o veto imposto no campo.

Os concelleiros do BNG de Compostela xa anunciaron que non volverán pisar o Fontes do Sar para asistiren aos partidos do Obradoiro mentres non se retire a prohibición de levar ás bancadas as bandeiras galegas coa estrela.

Comentarios