O Banco de Libros de Pontevedra repartiu máis de 3.220 volumes escolares a 846 familias

Aínda á espera de finalizar a campaña, a Concellaría de Benestar Social de Pontevedra entregou 3.224 manuais escolares a 846 familias dentro do programa do Banco de Libros. 

Libros
photo_camera Libros

O valor de mercado dos volumes repartidos a través do Banco de Libros é de 100.000 euros. Repartíronse volumes a 655 familias e 142 están á espera de recollelos. Das que demandaron os volumes escolares, 49 aínda non puideron recibilos mais, se despois de setembro non chegaran ao banco, recibirían un vale para material escolar. 

A través da redeaxuda.com, a Concellaría oferta aínda 1.000 libros que non foron reclamados por ninguén e que poden ser aínda solicitados polas persoas que os precisen. Desde o organismo municipal, confían en que despois de setembro o número de volumes recibidos no banco sexa aínda maior, en especial en Secundaria, nivel no que se dan máis demandas sen satisfacer e, neste sentido, fai un chamamento para convidar a novas entregas. 

Os vales para material escolar destinaranse ás familias que entragaron libros mais non puideron recibir ningún dos que precisaban as crianzas ou só puideron ter acceso a moi poucos. A Concelleira de Benestar Social, Carme Fouces, agradece a “colaboración desinteresada e solidaria de moitas familias que
entregaron libros sen solicitar nada a cambio, ou que as percibiron moito
menos do que entregaron”. 

Comentarios