Aymerich abandonará o Parlamento o 18-M

Carlos Aymerich, o líder de Abrente, abandonará o Parlamento o 18-M, xusto o día despois da Asemblea Nacional do BNG. Trata así de simbolizar a súa desafección coa liña maioritaria da formación frentista.

Abrente ficará sen representación no Parlamento por vontade do seu máximo dirixente, Carlos Aymerich. O profesor universitario da UDC tomou a decisión de abandonar a Cámara hai varias semanas, unha vez que a súa corrente resolveu non consensuar unha candidatura unitaria cos outros segmentos organizados dentro da formación frentista.

Xa hai varios días que Aymerich comunicou a decisión a varios dirixentes do BNG.

Nesas conversas reiterou que mantén o seu compromiso militante coa organización frentista, de cuxa maioría o afastan, porén, serias discrepancias políticas.

Para Aymerich, pór o acento na loita política pola conquista da soberanía nacional é un erro porque arreda o BNG da maioría da sociedade.

O dirixente de Abrente xustificou a non presentación dunha listaxe propia na XIV Asemblea Nacional do BNG para non contrariar o desexo de unidade que aniña na imensa maioría d@s militantes nacionalistas, argüiu.

Comentarios