sábado 26/09/20

A Radio Galega atribúe a dous atracadores un "forte acento galego"

Así se referiron na Radio Galega aos homes que supostamente terían cometido un atraco esta terza feira en Manchica, no concello da Merca (Ourense).

 

A descrición proporcionada pola radio pública das dúas persoas responsábeis dun atraco nunha oficina bancaria de NGB situada en Manchica (A Merca), fixo fincapé en que eran "dous varóns con forte acento galego". 

O xornalista da Radio Galega empregou estes termos para se referir a que eran dous homes de nacionalidade galega, mais preferiu salientar que o seu sotaque era galego e, aliás, "forte".

De igual maneira, o xornal La Voz de Galicia describía na información relativa ao suceso, aos supostos atracadores salientando que "ao parecer falaban con acento galego". 

comentarios