Atentan por cuarta vez contra o mesmo monumento pola memoria do 36

A memoria de Francisco Arca e Secundino Bugallo aínda molesta máis de setenta anos despois de seren asasinados. O  pequeno monumento colocado pola Asociación Cultural e Ecoloxista de Terra de Montes “Verbo Xido” de Cerdedo sofriu un novo atentado eno que lle foi arrincada a placa cos seus nomes. E é o cuarto. 

“Francisco Arca Valiñas. Secundino Bugallo Iglesias. Ponte do Barco. 13 de Agosto de 1936. Morreron pola liberdade”. A placa situada no pequeno monolito no lugar de Pedre lembra, por vontade popular, aos dous cerdedense asasinados polos falanxistas no lugar. O monumento foi violentado por cuarta vez desde que foi colocado en 2006 ao serlle tirada a placa na que se mostra o nome dos dous veciños asasinados. 

O novo atentado contra a memoria foi descuberto cando dúaas persoas se achegaron á Ponte do Barco cun ramo de frores para honrar ás dúas vítimas do fascismo. 

Desde a Asociación Verbo Xido denuncian “a agresión a unha parte do noso patrimonio cultural colectivo como é a memoria histórica de Cerdedo” e destacan o “asañamento e a reincidencia coa que este atentado se perpetra”. Lembran, nese sentido, ao filósofo Walter Benjamin para dicir que “nin siquera os mortos están a salvo”. 

Comentarios