A Ateneo Ferrolán, condenado a pagar 39.000 euros por unha obra nun edificio municipal

Unha empresa de mudanzas reclámalle 39.000 euros ao Ateneo polo traslado e depósito dos seus fondos 

 

O Ateneo Ferrolán recibiu esta terza feira a notificación dos xulgados pola que o condenan ao pagamento dos 39.000 euros que lle reclama unha empresa de mudanzas polo traslado e depósito dos seus fondos durante o desenvolvemento das obras de reforma da súa sede acometidas polo goberno local do Partido Popular.

A sentenza podería ser recorrida nos vindeiros días, aínda que, tal e como explicaron fontes do Ateneo, terán que ser @s soci@s @s que nunha asemblea extraordinaria que se realizará nos vindeiros días decidan que medidas legais e sociais levarán adiante para tratar de evitar que este pau conduza ao encerramento.

A directiva do Ateneo considera que esta “multa” tena que pagar o Concello, responsábel dunhas obras que remataron en xaneiro de 2013 e que obrigaron o traslado dos fondos, entre os que se atopan coleccións de prensa únicas e obras literarias e artísticas de recoñecida calidade.  

Comentarios