Se Renfe tivese actuado con dilixencia perante o aviso por escrito dos fallos de seguranza en Angrois a traxedia se tería evitado. Iso é o que se pode concluír a día de hoxe, o que torna máis necesaria do que nunca a constitución dunha comisión de investigación.tal e como demandan as vítimas e as formacións políticas BNG e AGE
Até 9 cargos de Renfe, algúns deles altos directivos das oficinas centrais de Madrid, segundo informa La Voz de Galicia, recibiron o correo de advertencia escrito por Iglesias Mazaira. Non se deron por enteirados.
Mazaira enviou o correo ao chefe de Produción, José Luis Rodríguez Vilariño, e aos maquinistas formadores de media distancia: José Manuel Pousa Fernández, José Manuel Veiga, Manuel González Sánchez e Francisco Javier Fernández Castro.
Encamiñou tamén a mesma información ao xerente de Producción de Viaxeiros, Rafael Sardón Tejedor; ao xefe de Produción de Viaxeiros, Nicolás Izquierdo Navidad; e ao xerente de Media Distancia de Galiza, Javier Pérez López.
Fallo nos protocolos de seguranza
Iglesias Mazaira asegura ter enviado tamén o correo Ángel Lluch Perales, que facía parte da Xerencia de Seguranza na Circulación de Viaxeiros, embora este o negue nunha declaración escrita apresentada no xulgado,
Renfe admite, na documentación trasladada ao xuíz, que a recomendación de implantar sinais de limitación de velocidade, feita polo chefe de máquinas, non foi levada nin á Comisión Territorial de Seguranza de Renfe en León -da cal é vogal o propio Iglesias Mazaira, enfatiza a empresa estatal- nen tampouco á Comisión Operativa de Seguranza na Circulación de Viaxeiros nen á Comisión Central de Seguranza.
Todo isto pon de relevo o deficiente funcionamento dos protocolos de seguranza da empresa estata, algo do que o xuíz Luis Aláez podería acabar deducindo as correspondentes responsabilidades.