Até 9 cargos de Renfe recibiron o correo de alerta sobre os fallos de seguranza en Angrois

A responsabilidade do Estado na traxedia, saldada con 79 mortos, cada día aparece como máis evidente. Renfe deu traslado ao xuíz, Luis Aláez, da documentación relacionada co envío dun correo electrónico por parte do seu chefe de máquinas en Ourense, José Ramón Iglesias Mazaira, clamorosamente desatendido.

Tren, angrois
photo_camera O accidente podería terse evitado

Se Renfe tivese actuado con dilixencia perante o aviso por escrito dos fallos de seguranza en Angrois a traxedia se tería evitado. Iso é o que se pode concluír a día de hoxe, o que torna máis necesaria do que nunca a constitución dunha comisión de investigación.tal e como demandan as vítimas e as formacións políticas BNG e AGE

Até 9 cargos de Renfe, algúns deles altos directivos das oficinas centrais de Madrid, segundo informa La Voz de Galicia, recibiron o correo de advertencia escrito por Iglesias Mazaira. Non se deron por enteirados.

Mazaira enviou o correo ao chefe de Produción, José Luis Rodríguez Vilariño, e aos maquinistas formadores de media distancia: José Manuel Pousa Fernández, José Manuel Veiga, Manuel González Sánchez e Francisco Javier Fernández Castro.

Encamiñou tamén a mesma información ao xerente de Producción de Viaxeiros, Rafael Sardón Tejedor; ao xefe de Produción de Viaxeiros, Nicolás Izquierdo Navidad; e ao xerente de Media Distancia de Galiza, Javier Pérez López.

Fallo nos protocolos de seguranza

Iglesias Mazaira asegura ter enviado tamén o correo Ángel Lluch Perales, que facía parte da Xerencia de Seguranza na Circulación de Viaxeiros, embora este o negue nunha declaración escrita apresentada no xulgado,

Renfe admite, na documentación trasladada ao xuíz, que a recomendación de implantar sinais de limitación de velocidade, feita polo chefe de máquinas, non foi levada nin á Comisión Territorial de Seguranza de Renfe en León -da cal é vogal o propio Iglesias Mazaira, enfatiza a empresa estatal- nen tampouco á Comisión Operativa de Seguranza na Circulación de Viaxeiros nen á Comisión Central de Seguranza.

Todo isto pon de relevo o deficiente funcionamento dos protocolos de seguranza da empresa estata, algo do que o xuíz Luis Aláez podería acabar deducindo as correspondentes responsabilidades.

Comentarios