A Asociación de Vítimas do accidente de Angrois piden ao BNG que leven o sinistro a Europa

Representantes deste colectivo reuníronse coa candidata nacionalistas nas eleccións europeas, Ana Miranda, e a deputada Rosana Pérez. Consideran que non hai posibilidade de crear dunha Comisión de Investigación no Estado español.

Vitimas angrois

Representantes da Asociación de Vítimas do Alvia 04155 (en referencia ao comboio do tráxico sinistro ferroviario de Angrois) trasladaron ao BNG a súa decisión de explorar as posibilidades de levar o accidente a Bruxelas. Así o manifestaron nunha xuntanza que mantiveron con responsábeis do BNG, en concreto a candidata nacionalistas nas eleccións europeas, Ana Miranda, e a deputada Rosana Pérez.

Segundo informan da fronte nacionalista, @s representantes desta asociación consideran que as posibilidades de creación dunha Comisión de Investigación no Estado español “están esgotadas debido á constante oposición dos dous partidos maioritarios, PP e PSOE”.

Nesta liña, interesáronse con Ana Miranda sobre o 'modus operandi' a seguir para poder tramitar ante o Parlamento Europeo a necesidade de que se investigue o accidente. A candidata explicou que o procedemento pasaba por presentar unha denuncia ante a Comisión de Peticións, alegando incumprimentos de normativa europea en seguridade ferroviaria.Miranda mesmo ofreceu o “total apoio do BNG para cursar dita solicitude ante a Cámara europea” através do grupo ALE composto por 55 europarlamentares.

Rosana Pérez, lembrou as reiteradas negativas do PP á demanda de creación dunha Comisión de Investigación parlamentar, tanto na cámara galega como na española.  

Comentarios