#ExcusasFeijoo: as redes sociais a sacarlle as cores ao presidente

Do “había neve” a a culpa “é do bipartito”, pasando polo “daquela eu non era do PP”. O HT #ExcusasFeijoo está a reunir na rede comentarios retranqueiros para denunciar a actitude do presidente con calquer tema que o prexudique. "Explicacións, non, mais excusas, as que queira"

Da relación con Marcial Dorado aos contratos do PP galego coa Gürtel, pasando polos floteis de Pemex, non poucos temas están á espera dunha explicación polo presidente da Xunta. E como, deben pensar @s tuiteir@s, esas non van chegar, pois a tomalo con retranca e humor. E de aí xorde o HT #ExcusasFeijóo que comeza a correr polas redes sociais, aínda pouco a pouco.

E nese HT hai de todo, desde as escusas referidas a que “había neve” até as que lle botan a culpa de todo ao bipartito ou a Resistencia Galega, ou as que apelan aos “tolos anos de mocidade”. Aínda está nos primeiros pasiños este HT, mais semella que vai dar xogo.

Comentarios