As grandes fortunas na Galiza e os seus privilexios, neste número do Sermos, o 49

Voltamos á cita cos quiosques e puntos de venda habituais cun número completiño no cal, entre outros temas, falamos dun Feijóo acurralado nas súas propias contradicións, entrevistamos a Teresa Barro e achegámonos aos tabeiróns que andan á caza de Pescanova. Dispoñíbel tamén na nosa loxa


Máis un número de Sermos Galiza, o 49, vai estar a partir desta sexta na rúa. Aínda quente de recén forneado, neste semanario metémoslle o dente ás grandes fortunas de Galiza, que manteñen privilexios e favoritismos sen verse afectadas nin o máis mínimo pola crise. Na Galiza están tres das seis persoas máis ricas do Estado.

Tamén analizamos como Núñez Feijóo ca na arañeira tecida por el propio ao manter declaracións contraditorias sobre a súa relación con Marcial Dorado. O presidente, acurralado nas súas propias versións, tenta difamar á oposición.

“Hai un bo caldo de cultivo para que construamos esa flor da Alianza Libre Europea”, afirma Ana Miranda na entrevista que lle fixemos para este número do Sermos Galiza. Miranda afronta a recta final no cargo de eurodeputada do BNG.

Auga e a sabedoría do natural.

Unha reportaxe sobre os mananciais de auga e a riqueza deste elemento é outra das achegas que podes atopar neste semanario,así como outro sobre naturopatía.

Tamén nos mergullamos na realidade que se agocha tras a publicidade da Xunta de reducir o absentismo laboral na administración, ou como Pescanova esperta o interese de tabeiróns e competidores que 'ulen sangue' e desexan facerse con activos da pesqueira.

'Amada liberdade'

Entrevistamos a Teresa Barros,que regresa de Lancaster para apresentar 'Amada Liberdade', as memorias do que fora o seu compañeiro, Pérez-Barreiro. “Ramón Piñeiro non só era anti-comunista e anti-nacionalista, tamén era anti-feminista”.

Non faltan as seccións de opinión, espía nos quiosques, crítica literaria e de cinema, Okapi no Courel, ou Andar a Terra (que nos leva ás Brañas de Golpellás)...

E na contraportada, falamos con Mai Ínsua, psicóloga e 'tuppersexeira'.

Comentarios