As accións de Pescanova caen nun 60% no seu retorno ao parket após o preconcurso de acreedores

Só se permitiron vendas dos títulos de Pescanova no minuto anterior ao feche da sesión na Bolsa por mor do grande número de ordes de venda por investidores da firma. As accións caeron dos 17,40 euros a por baixo dos 7
Pescanova
photo_camera Pescanova

Pescanova volvía cotizar esta segunda feira en bolsa após a suspensión da sexta pasada e o anuncio do preconcurso de acreedores. E non foi un retorno agradábel. En primeiro lugar, pola fervenza de ordes de venda de títulos desta compañía que levou a que só se permitisen as vendas no minuto previo ao peche da sesión. E en segundo lugar, polo desplome das accións: de 17,40 euros a 6.96. Unha queda de por volta do 60%.

O inesperado anuncio do preconcurso puxo patas arriba os círculos económicos tanto galegos como do Estado español. Unha firma como Pescanova, con máis de 10.000 empregos no mundo, un 10% deles na Galiza, e non ligada o tixolo, que entrase en dificultades, acendeu o sinal de alarma. Á hora de analizar as dificultades, non poucos lembran a aposta pola expansión en acuicultura da compañía (con fortes investimentos e empréstitos) como motivo.

Ampliación de capital e débeda

Pescanova fixo en 2012 unha ampliación de capital de 124,9 millóns de euros para reforzar os seus recursos propios e coa finalidade de afortalar a súa estrutura e diminuír o seu nivel de endebedamento. O pasivo de Pescanova rolda os 1.500 millóns de euros a finais de 2012, dos cales 459 millóns corresponden a acreedores comerciais

Comentarios