Arte para Palestina desde Compostela

A praza do Toural foi o escenario desdeo que mostrar a solidariedade artística con Palestina. Centos de persoas asistiron aos espectáculos ofrecidos por artistas e colectivos da cidade en apoio ao pobo masacrado por Israel. 

Arte por Palestina
photo_camera Arte por Palestina

BDS-Galiza xunto con organizacións políticas e colectivos artísticos de Compostela convocaron á  cidadanía na praza do Toural para participar nun pasarrúas que rematou nun encontro de presentacións artísticas co fin de manifestar o rexeitamento da masacre que está a padecer o pobo palestino polos ataques de Israel. 

Pista4, Pallasos en Rebeldía, a Regadeira de Adela, o Coro da Rá e Circo9 entre outros colectivos de artistas do espectáculo participaron no encontro de Compostela que quixo poñer a súa arte “ao servizo da defensa dos dereitos nun momento en que a brutal agresión de Israel sementa terror e morte na Faixa de Gaza”. 

No encontro repartiuse unha voandeira informativa que, co título “Israel: impunidade perpetua” comezaba recollendo un texto de Eduardo Galeano no que lembraba que “Por cada cen mortes palestinas, unha israelí. Xente perigosa, advirte o outro bombardeamento, o dos meios masivos de manipulación, os mesmos que nos convidan a crer que unha vida israeli vale tanto como cen vidas palestinas. Os mesmos que nos convidan a crer que son humanitarias as douscentas bombas atómicas de Israel. Denunciaban o asasinato de máis de 600 persoas en Palestina na operación xenocida de Israel na Faixa de Gaza. “Por iso hoxe a humanidade, a humanidade que non quere ser cómplice deste holocausto, despreza Israel como estado racista e canalla, reclama o fin do xenocidio e apoia a loita do pobo palestino por recuperar a paz, a terra e a soberanía”, remataba a folla informativa. 

Comentarios