Milleiros contra a corrupción e pola soberanía

Milleiros de persoas marcharon en Compostela contra a corrupción e pola soberanía. Primeira mobilización conxunta das forzas sociais, políticas e sindicais do soberanismo galego. Após percorrer as rúas de Santiago de Compostela, a marcha ateigou as Praterías. Resoaron sobre as laxes do casco vello da cidade cánticos como "Os vosos sobres, os nosos recortes"
Manife soberanista
photo_camera Manife soberanista

Milleiros enchen a Praza de Praterías nunha marcha convocada por millenta organizacións soberanistas, nacionalistas e independentistas galegas.

Convocaron a marcha BNG, CCPI, CIG, COG, Fruga, MpB, Liga estudantil, Comités, Agir, Galiza Nova, AMI, Briga, Isca! e Nós-UP. Aderírona tamén Mulheres Nacionalistas Galegas e Conas Ceives. Anova, a formación liderada por Beiras, optou por non participar nela. En conversas con Sermos Galiza, os seus dirixentes declinaron explicar por que.

No comezo da marcha, en declaracións á imprensa, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, advogou pola rexeneración democrática e pola superación do actual rexime político, caracterizado pola negación da soberanía de Galiza.

Acompaña a manifestación através da nosa conta twitter, @sermosgaliza.

 

Comentarios