Aparece aforcado na Lama un preso activista de Cárcere=Tortura

O preso B.M.G apareceu aforcado no número 14 do Centro Penitenciario da Lama a pasada sexta feira. O interno era activista da campaña Cárcere=Tortura. 

B.M.G. apareceu aforcado a pasada sexta feira no módulo 14 do Centro Penitenciario da Lama. O interno era coñecido por ser activista da campaña Cárcere=Tortura e mesmo por animar a outros reclusos a sumarse ás protestas. 

Segundo ahaine.org, iniciativa de “desobediencia civil” coa que B.M.G colaboraba, “soliano trasladar moi a miúdo pola súa suposta “conflitividade” e cada vez que chegaba a unha prisión nova propuña a todo o mundo participar nos xexún; animados por el sumáronse moitos compañeiros”. Desde o portal desconfían da versión oficial do enforcamento xa que, segundo din, “coñecendo a B, non nos parece que puidera ter el ánimo de aforcarse”. Lembran que na “Lama, prisión famosa pola violencia e mala fe dos seus carcereiros, morreu tamén supostamente aforcado en abril pasado E.G.S, Gavioto, sen que os seus familiares e amigos puideran disipar as súas sospeitas de que non fora a súa propia man” 

Comentarios