As Anpas defenden o “empréstimo universal” dos libros de texto

O empréstimo universal xunta “a gratuidade do ensino, o aforro económico institucional e a transmisión de  e valores formativos de reutilización e solidaridade”, din desde as ANPAS fronte ás propostas da Consellaría de creación de banco de libros ou de axudas a quen máis o precisa. 

Libros
photo_camera Libros

A Confederación de Anpas Galegas responde ás declaracións do conselleiro de Educación, Xesús Vázquez no Parlamento defendendo o empréstimo universal de libros de texto como o sistema máis acaído para un ensino público e gratuíto. 

As Anpas aplauden que non se vaian cambiar os libros do ensino pola Lomce e agardan que a decisión non sexa só para o próximo curso senón que sexa válida para todo o calendario de implantación da lei.  

Consideran que é obriga da Administración educativa facilitar o “ensino básico obrigatorio e gratuíto” polo que rexeitan as axudas na adquisición de libros de texto a quen máis o necesita que anunciou o Conselleiro de Educación diferenciando o dereito de tod@s @s nenos que non entenden como “suxeitos de “axudas”” a recibir de maneira gratuíta os materiais. 

Da mesma maneira, opóñense ás indicacións da posibilidade de creación dun banco de libros para quen non os poda mercar xa que “volve a incidir no concepto de diferenzación entre os "necesitados" e os que non o sexan, nunha catalogación que consideramos incorrecta e á que lle voltamos a opoñer a necesidade dun ensino gratuíto para todos; e por outra parte porque entendemos que a creación de bancos de libros non son máis ca un parche incorrecto no tratamento da gratuidade do ensino.

Comentarios