Anova intervén a súa asemblea de Vigo por estar en desacordo co rexime de incompatibilidades votado pola militancia

A dirección de Anova decidiu intervir a asemblea de Vigo para cambiar as condicións aprobadas de maneira asemblearia para a elección das persoas que conformen a coordinadora local, segundo informa La Voz de Galicia. 

Unha vez aprobada a intervención da asemblea en Vigo da permanente tería saído unha xestora composta por pola responsable de Organización, Paula Verao, o de Relaciones Políticas, Luis Eyré, e o de Acción Institucional, Antón Araúxo co fin de anular a norma que establece as incompatibilidades aprobada pola asemblea.

A medida foi aprobada ao considerar a dirección de Anova inadecuado o rexime de incompatibilidades aprobado pola militancia de Vigo, polo que ningún cargo da permanente nin da coordenadora nacional podería ser ao tempo un cargo da coordenadora local, segundo a información do xornal de Sabón.

Destarte, non poderían optar a facer parte dos órgaos locais nen a parlamentar Consuelo Martínez nen o ex concelleiro do BNG Xabier Toba.

Comentarios