Angrois: aniversario da impunidade

O primeiro ano da maior traxedia terrestre de Galiza chega entre anuncios de  homenaxes e fastos por parte das mesmas autoridades que atrancan calquera investigación  parlamentar sobre as responsabilidades do Estado.  As vítimas denuncian: "Non nos merecemos isto".

Tren, angrois, accidente
photo_camera Tren, angrois, accidente

"Non nos mercemos isto" afirma Cristóbal Fernández, da Asociación de Prexudicados polo Accidente do Alvia (Apafas). Con "isto" este sevillano que viaxaba no tren que descarrilou en Angrois, provocando 79 mortos, resume o sentimento de "abandono" e "frustración" que din sentir após 12 meses sen respostas. Máis rotundos aínda se mostran desde a Plataforma Alvia 014155, "Queremos saber a verdade", reclaman, e está claro, manteñen, que "os grandes partidos non teñen o máis mínimo interese e preocupación" en satisfacer esa demanda.

Este 24 de xullo é o primeiro aniversario da maior traxedia terrestre da Galiza contemporánea. Un sinistro ferroviario a 3 km da estación de tren de Compostela, na curva da Grandeira, que deixou 79 persoas falecidas e máis dun cento de feridas. "Como todo sinistro é complexo, hai moitos elementos a ter en conta, factores diversos...mais, desde logo, o que é unha solemne parvada é reducilo todo a unha persoa, o maquinista", sostén o técnico Miguel Rodríguez. Unha opinión que partillan desde o Colexio de Enxeñeiros até o sindicato de maquinistas, pasando mesmo polas asociacións de vítimas ou mesmo parte da veciñanza de Angrois.

A íntegra desta reportaxe podes achala no Sermos Galiza nº105, na nosa loxa ou nos quiosques do país.

Comentarios