Alonso Montero quer ser irónico e di que se resiste a crer as críticas de Vence

O presidente da Real Academia Galega afirma que “non lin” as declaracións do portavoz do BNG mais “faláronme delas”, apuntando que “resístome a crer que dixese algunhas cousas”.

Alonso Montero
photo_camera Alonso Montero

En declaracións á axencia EFE, o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xesús Alonso Montero, recoñeceu que non lera nin escoitara as afirmacións do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, que saíra ao paso das acusacións daquel de que o Bloque "é como esas nais que queren moito aos nenos pequenos que os apretan tanto que os abafan.

Vence afirmara que  “Alonso Montero evidenciou un complexo clasista en relación ao galego, con conceitos de home rancio e anticuado, un auténtico bocazas petulante, e que destila certa misoxinia ao facer símis sobre nais abafantes”, sinalou ao tempo que lamentaba que “estando onde está faga afirmacións tan irrespectuosas” .

Montero, que si indicou que tiña coñecemento desas declaracións por comentarios de amizades,sinalou que se resitía a “crer que un señor que ten a responsabilidade dunha formación política e que creo que é catedrático de universiade empregara determinados adxectivos cara a miña persoa”.

“Teño amigos, e xente que non é tan amiga, que algo me dixeron. Penso que os meus informadores informáronme mal”, sinalou Alonso Montero querendo botar man da ironía.


"

Comentarios