Alonso Montero afirma que a Academia podería recorrer a LOMCE

O presidente da Academia Galega, Xesús Alonso Montero mostrou a súa oposición á LOMCE e mesmo indicou a posibilidade de que a institución que el preside presentase un recurso de non o facer o goberno da Xunta, como os cataláns e galego a súa aprobación. “Hai que situarse ante calquera disposición, veña de onde veña, que entendamos que merma os dereitos da lingua galega” sinalou. 

Real Academia Galega
photo_camera Real Academia Galega

O profesor e presidente da RAG, Alonso Montero aplaudiu os recursos presentados por Euskadi e Cataluña contra a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) da que mostrou a súa oposición. Ao seu ver, a reforma educativa “merma os dereitos da lingua galega” e sinalou que, se instancias políticas non mostran a súa oposición e recorren a lei, hai outros colectivos en defensa da lingua que poden facelo, para o que citou a Mesa pola Normalización Lingüística e a propia Real Academia Galega que, segundo dixo, teñen que opoñerse a calquera medida que vai en contra da normalizaicón lingüística. 

As declaracións do presidente da Academia veñen logo das súas polémicas intervencións que provocaron, entre outras, a resposta da propia Mesa pola Normalización Lingüística, que lamentou que o máximo representante da Academia fixese gala nunha entrevista dun uso non normalizado do galego.

Estas primeiras semanas de Alonso Montero estan a ser especialmente intensas xa que, en arredor dun mes, foi protagonista de diferentes polémicas, apareceu en numerosas entrevisas en medios, presidiu todos os actos do Día das Letras Galegas e dedicouse tamén a visitas institucionais, a máis recente, a da presidenta do Parlamento Galego, Pilar Rojo. 

Comentarios