Alimentos Lácteos, pendentes de investigación

Tan só catro anos após se instalar na planta de Outeiro de Rei, continúan sen se resolver as incógnitas que pairan sobre a quebra de Alimentos Lácteos. U-las responsabilidades políticas?

[Imaxe: FRUGA]
photo_camera [Imaxe: FRUGA]

A quebra de Alimentos Lácteos deixou lastre. Após dous anos de se declarar en concurso de acredores e catro despois de comezar a súa actividade na planta de envasado sita en Outeiro de Rei (Terra Chá) as dúbidas pairan arredor das débedas contraídas polo proxecto leiteiro avalado desde a Xunta de Núñez Feijóo: 15 millóns de euros, dos que 9 millóns foron fondos públicos entregados en forma de créditos e avais.

Que aconteceu con ese diñeiro? A quen beneficiou a creación de Alimentos Lácteos? Houbo intereses políticos detrás? Que acontece co cento de traballador@s despedid@s? E co diñeiro adebedado ás explotacións gandeiras? Hai responsabilidades políticas na desaparición da empresa? Esas e outras preguntas son ás que exixe resposta a Federación Rural Galega nunha comisión de investigación parlamentar que o PP rexeita constituír.

A reportaxe completa sobre este asunto podes achala no número 86 do Sermos Galiza. Xa á venda na nosa loxa e nos quiosques do país. 

Comentarios