Alfredo López e os responsábeis do Pretige, a cara e a cruz para Adega

O ex-presidente da CEMMA, Alfredo López recibe de Adega o recoñecemento polo seu labor na conservación do medioambiente. No seu envés os políticos responsábeis da marea negra do Prestige. Son premios Osíxeno e Dioxina que a ADEGA entrega cada ano desde hai doce.

 

Alfredo López
photo_camera Alfredo López

Cando se cumpren dez anos do atentado do Prestige nas nosas costas, os protagonitas dos premios Osíxeno e Dioxina que cada ano reparte Adega fitan en especial neste acontecemento, tanto para louvar como para condenar as actitudes desenvolvidas naquel momento tráxico para o mar e a costa. Desta maneira, o Osíxeno de honra irá para Nunca Máis e a Dioxina para os cargos do PP que foron responsábeis políticos do Prestige.

Ex-presidente de CEMMA (Coordenadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) e colaborador de Sermos Galiza como humorista gráfico, Alfredo López recibirá de Adega o premio Osíxeno polo seu traballo na conservación do patrimonio natural galego. Canda el, a Plataforma para a defensa da Ría do Burgo é a gañadora nesta edición do premio de Adega como mellor actuación ambiental do 2012 na categoría de colectivos. O Osíxeno de honra irá para a Plataforma Nunca Máis “polo seu compromiso co ambiente e a dignidade dun país”.

Na parte negativa, á que queda sinalada coa Dioxina que castiga a actitude ou actuación máis agresiva ou insustentábel, Mariano Rajoy, Álvarez-Cascos, Aznar, Arias Cañete, Fernández de Mesa e Jaume Matas, comparten como colectivo o recoñecemento-castigo de Adega que na súa versión individual vai parar ao alcalde do Irixo, Manuel Penedo, tamén do PP.

Da Plataforma Nunca Máis o feito de “termar durante dez anos da dignidade do país e reclamar que se xulgue aos verdadeiros responsábeis da catástrofe do Prestige”.

Os premios entregaranse o sábado día 15 de decembro.

Comentarios