O alcalde de Ponteareas deféndese co avogado municipal, denuncia o BNG

O BNG de Ponteareas denuncia que o alcalde do concello, Salvador González Solla, está a utilizar o avogado municipal para a súa defensa particular no Xulgado. 

Alcalde de Ponteareas
photo_camera Alcalde de Ponteareas

O grupo nacionalista cualifica de “escándalo” que o alcalde de Ponteareas Salvador Gózalle Solla bote man do avogado do Concello para a súa defensa particular no Xulgad. Reclaman un pronunciamento do presidente da Xunta sobre a utilización de recursos públicos para a beneficio privado dun alcalde do PP. 

Os nacionalistas indican a posibilidade de que González Solla estea a incorrer nun novo delito polo emprego do asesor xurídico municipal como avogado para a súa defensa particular, actuación que definen como “desvergoña política e unha nova ilegalidade que prexudica aínda máis ao Concello”. O PP fai uso indebido dos orzamentos municipais mentres, segundo o BNG “Ponteareas ten máis de 3.000 persoas en paro, o goberno local do Partido Popular destina máis recursos para a defensa particular de González Solla que para axudas de emerxencia social”.

 “Esiximos a Feijoo que se pronuncie sobre esta utilización dos recursos públicos que benefician a un alcalde do Partido Popular” afirmaron os nacionalistas. No pasado mes de xuño, o goberno municipal do PP de Santiago tivo que botarse atrás da decisión de sufragar a defensa dun edil imputado debido á presión da opinión pública.

Comentarios