mércores 26/01/22

AGE cualifica a Feijóo e Mato como "os novos tratantes de escravos"

Alternativa Galega de Esquerda considera que presidente da Xunta e conselleira de Traballo queren “transformar a clase obreira galega en clase obreira esclava”

O deputado de Alternativa Galega de Esquerda, Juan Manuel Fajardo, cualificou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo e a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, como os “novos tratantes de escravos do noso país”. 

Fajardo: "Apenas 76.000 das máis de 280.000 persoas en paro en Galicia perciben unha prestación por desemprego" 

“Feijóo e Mato buscan transformar a clase obreira galega en clase obreira esclava” denunciou Juan Manuel Fajardo, quen afirmouq ue existe unha similitude entre as condicións laborais que pretende instaurar o PP na actualidade e as que se tiñan na época do franquismo “cando os traballadores cobraban o salario en sobres semanais, practica que semella ser bastante habitual no Partido Popular”

O parlamentar de AGE fixo estas declaracións durante a análise do balance en termos de emprego da Xunta de Galiza, que cualificou de "absoluto desastre tal e como reflicten os datos da EPA, que reflicten un continuo incremento do desemprego en Galiza con máis de 1.000 novos parados no último trimestre do ano respecto do anterior".

A isto engadiu que "apenas 76.000 das máis de 280.000 persoas en paro en Galicia perciben unha prestación por desemprego". 

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

AGE cualifica a Feijóo e Mato como "os novos tratantes de escravos"
comentarios