O aforro enerxético de Pontevedra recoñécese en Europa

O concello de Pontevedra é finalista como mellor proxecto europeo de aforro enerxético nos X Premios Europeos de planificación urbana e rexional. O concello conseguiu a redución de máis dun 60% no consumo de combustíbeis fósiles. 

.
photo_camera .

O modelo de transformación urbana de Pontevedra recibe un novo recoñecemento por parte do presidente do xurado dos X Premios Europeos de planificación urbana e rexional, Peter Wiber, quen destacou a candidatura da cidade galega pola súa sustentabilidade enerxética. A redución de máis do 60% no consumo de combustíbeis fósiles foi especialmente valorada diante doutros proxectos urbanísticos. 

O alcalde de Pontevedra iniciou unha viaxe por distintos lugares de Europa focada á expoñer o modelo de cidade que tivo na súa primeira xornada unha cita importante en Bruselas, onde falou da diminución de espazos urbanos con automóbiles como medio para a eficiencia enerxética. 

O foro que convoca os premios está avalado polo Comité das Rexións da UE"O feito de estar seleccionados entre vinte lugares destacados en Europa pola súa aposta pola sustentabilidade é un éxito e un orgullo. Con estas accións imos posicionando o nome da cidade entre os especialistas en 
urbanismo, mobilidade e desenvolvemento sustentable", destacou Lores nun encontro no que tamén se deron cita cidades como Colonia, Burdeos, Grenoble ou Limburg. Wilberg destacou de Pontevedra na súa visita á exposición a potenciación dos espazos peonís ou a  eliminación de barreiras. A diferencia das outras candidaturas que presentaron proxectos aínda en vías de desenvolvemento, a de Pontevedra levou ao foro un modelo xa consolidado, o que lle deu menos posibilidades no certame mais serviu para recibir eloxios e difundir a proposta no foro. 

Comentarios