Afectados polas preferentes irrompen na Cámara e forzan a suspesión do pleno

Esta mañá, representantes dos afectados polas preferentes forzaron, con grosos calificativos e aos berros, a suspensión durante dez minutos do pleno do Parlamento galego.

Os afectados, que seguiron dende a bancada unha iniciativa sobre o conflicto que ten atrapados os aforros de milares de galegos, estalaron en improperios contra os deputados do PP e con gritos de “devolvédenos os cartos”. Varios deputados do BNG acompañáronos na tribuna, mentres os do grupo popular e os conselleiros abandonaban a Cámara para se dirixiren a unha zona de acceso restrinxido e o resto permanecían nos seus escanos.

Comentarios