Negreira expulsa @s afectad@s polo calote das preferentes do pleno municipal

O alcalde expulsa da sesión plenaria @s estafad@s após berraren "vostedes estaban no goberno" en relación coa venda de participacións preferentes e subordinadas. 

Após manifestárense desde o palco de convidad@s o rexedor coruñés, o popular Carlos Negreira, expulsou un grupo de afectad@s polo calote das preferentes que pretendían fecharse na casa consistorial en sinal de protesta pola fraude. 

Logo de que @s manifestantes apupasen ao alcalde e a equipa municipal acusándo@s de teren participado na estafa e da súa inacción perante a quita imposta desde Madrid, Negreira decidiu expulsar @s representantes da plataforma e evitar, así, que est@s puidesen manifestar as súas demandas. No entanto, o goberno coruñés, aprobou intres despois dos acontecementos, unha moción pola que se lle retira o título de fillo predilecto a José Luís Méndez, ex-director da caixa. 

As plataformas comarcais manteñen desde hai meses unha campaña de protesta dirixida aos plenos municipais. A pasada semana, @s afectad@s que tomaron o Concello de Nigrán foron desaloxad@s pola policía. En troca, na localidade de Rois (A Coruña) a corporación suspendeu a sesión como mostra de apoio ás persoas estafadas. 

Comentarios