Afectad@s pola fraude das axudas á repoboación exixen a Medio Rural unha investigación

A administración recibiu por primeira vez aos e ás afectadas, após case dous anos de denuncias. O Secretario Xeral da Conselleria do Medio Rural, Tomás Fernandez Couto, veuse na obriga de se comprometer a estudar os expedientes relacionados coa trama

rural
photo_camera rural

Unha delegación de afectado@s pola presunta fraude sobre a xestión de axudas forestais na Costa da Morte, acompañados por membros do sindicato Fruga, reuniuse co Secretario Xeral da Conselleria do Medio Rural, Tomás Fernandez Couto.

Na xuntanza, informan dese a organización agraria, @s afectad@s puideron “expor en primeira persoa a situación na que se atopan” e “sen que, até hoxe, a adminitración emitirá declaración algunha de compromiso coa investigación do problema e a defensa das vítimas”.

A Fruga, así mesmo, sinala que Fernadez Couto se comprometeu a comprobar a totalidade de expedientes que poideran incorrer na mesma situación que os denunciados “así como a comunicar às presuntas vítimas a sua a súa posible utilización nesta fraude”.

Recoñecelo

Após meses de negalo por activa e por pasiva, a Consellería de Medio Rural recoñeceu hai uns días que o que veciñ@s e comuneir@s da Costa da Morte levaban tempo denunciando, e que está mesmo en mans dos xulgados, pode ser certo.

Xa nos primeiros meses de 2012, desde Sermos Galiza se informaba de que o xulgado de Corcubión estaba a investigar unha empresa presuntamente implicada nos feitos, destapados pola Federación Rural Galega (Fruga).

A fraude saíu á luz a raíz de que propietarios de montes na Costa da Morte decatáronse 'por casualidade' de que eran beneficiarios de axudas da Xunta que nin tiñan solicitado nin tampouco recibido.