Adtlántida.tv: un sistema de radiotelevisión libre e comunitario

Adtlántida.tv está feita con software e contidos libres e parte da lóxica comunitaria da experimentación. Está activa unha campaña de crowdfunding para facer posíbel o proxecto

 

Adtlántida.tv

Adtlántida.tv (nome resultante do prefixo latín ad, en dirección a; e a illa lendaria da Atlántida) é un sistema de radiotelevisión libre para emitir en directo e consultar material de audio e vídeo. A súa rede de aplicacións web e para dispositivos móbiles permite poder emitir e consultar material audiovisual en calquera momento e desde calquera lugar. E sempre empregando dispositivo libre. A interface estará dispoñíbel en galego, en español e en inglés. O proxecto conta co apoio da Universidade Libre de Andalucía.

A interface estará dispoñíbel en galego, en español e en inglés

Adtlántida.tv diferénciase doutros servizos (Vimeo, Ustream,...) en que só emprega ferramentas libres (Icecast en servidor Linux, apps para android,...) e na cominación nun mesmo servizo comunitario de live streaming e a demanda, para alén da liberdade de contidos, sen censura, e a ausencia de publicidade.

Está activa unha campaña de crowdfunding para facer posíbel o proxecto, na que podes colaborar aquí

Comentarios