Adif recoñece que está a revisar os protocolos de actuación e medidas de seguridade no tramo do accidente

É unha novidade na postura oficial mantida até o de agora polo Administrador de Infraestruturas ferroviarias. Adif recoñece que está a centrarse na transición do tramo ferroviario de velocidade alta a un convencional.

Tren, angrois, accidente

O Administrador de Infraestruturas ferroviarias está a revisar os protocolos de actuación no tramo onde sucedeu o accidente ferroviario que custou a vida de 79 persoas. E tamén está a revisar as medidas de seguridade nese punto, así como noutras áreas onde, ao igual que en Angrois, exista unha zona de transición entre velocidade alta e outra convencional.

Así o manifestou unha fonte de Adif citada pola Cadena Ser. Supón unha variación no manifestado durante estes días, nos que se apuntaba case que en exclusiva a un erro humano do maquinista como responsábel do sinistro. Sen abandonar esta explicación, Adif abre a porta a verificar se houbo erros ou deficiencias estruturais ou técnicas que puidesen ter peso no sinistro.

Oficina de atención ás vítimas

Por outra banda, o Ministerio de Fomento anunciou que vai poñer en marcha unha oficina de atención ás vítimas do sinistro do 24 de xullo

Comentarios