Adif instala dez sinais como o que falta en Angrois entre A Coruña e Vigo

De acordo cunha información publicada por El País, a nova sinalización, instalada en agosto, sitúase en curvas perigosas que exixen unha redución de velocidade do 40%.

O xuíz instrutor do caso considerou na súa investigación que a ausencia deste tipo de sinais impedira evitar o despiste do maquinista á súa chegada á curva da Grandeira. Após un mes do accidente e segundo recolle na súa edición galega o diario El País, Adif instalou estes dispositivos ao longo e ancho do trazado ferroviario --antigo e de nova creación-- do Estado español. 

O auto emitido polo xuíz instrutor advirte que a falta deste tipo de impediu recuperar a atención ao maquinista do Alvia cando se despistou

Neste senso, 10 sinais foron situadas no tramo que une A Coruña e Vigo --unha cada 16 metros, naquelas curvas consideradas perigosas, como a de Angrois, enas que @s maquinistas teñen que reducir de maneira manual a velocidade --até nun 40%-- nun curto espazo de tempo. Así, boa parte dos sinais instalados o pasado mes de agosto están situados na vía de liña única que vai de Vilagarcía a Padrón. 

A falta destes mecanismos de alerta exixía que @s maniquistas reduciran a velocidade valéndose do seu libro horario e do recoñecemento visual da zona. Neste senso, o auto emitido polo xulgado de Compostela case un mes despois do acontecido na curva da Grandeira aseguraba que de terse sinalizado "previa e suficientemente" a inminente entrada nunha curva perigosa "é o máis probábel" que o maquinista "recuperase a atención perdida na condución" o que lle permitiría, prosegue o auto, axustar a velocidade do tren ás circunstancias. 

Comentarios