Adega recomenda unhas festas “máis verdes”

Campañas como “Neste Nadal... os meus agasallos sen pilas”, “Carta das raíñas magas” ou “Por un Nadal máis ecolóxico” son algunhas das que cada ano Adega activa por estas datas para contribuír a controlar o consumo e animar a desenvolver un “espírito ecoloxísta”, en épocas de desmáns. Uns cantos consellos para unhas festas máis verdes. 

.
photo_camera .

Nestas datas, cando todos os consumos se incrementan, a enerxía, a produción de residuos, o transporte privado, a contaminación increméntase... Adega enumera unha serie de consellos como: 

-Consumo de produtos locais e de tempada, en cantidades moderadas para non ter que tirar comida. Adega convida a eliminar da dieta alimentos que percorreron moitos quilómetros e que procedan de monocultivos en zonas taladas de bosque tropical ou ecosistemas fráxiles. Sinalan, o ananás e os langostinos como produtos como produtos a extinguir das noites de festas. A pesca artesanal, os produtos de comercio xusto e ecolóxicos estarían no outro lado da balanza. 

-Optar por produtos galegos e etiquetados na nos a lingua. As ventaxas? Reducir emisións e apoiar á veciñanza máis próxima. 

-Coidado co monte: o acivro ou a xilbardeira é mellor que continúen no medio natural e nós buscar outros produtos para engalanar as nosas casas. 

-Alertan para os agasallos de mascotas. Primeiro, saber certo que a persoa destinataria desexa o animal e o vai coidar e, de ser así, a mellor posibilidade é, segundo Adega, a adopción en refuxios de animais. Atención cos animais e plantas exóticas, poden ser un perigo para o noso ecosistema. 

-Para agasallos de países lonxanos, que sexan de comercio xusto, para garantir a procedencia e o trato de non explotación cos produtores. 

Nun cartel alertan contra o consumo de salmón, alimentado con pensos, hormonas e antibióticos, os langostinos que destrúen manglais en países desfavorecidos; as uvas enlatadas, o rodaballo de piscifactorías, que destrúe o patrimonio natural ou as ananás que viaxan desde América e se producen destruíndo selvas tropicais. 

Comentarios