Adega avalía a situación do lobo na Galiza

Avaliar a situación do lobo no noso país é o obxectivo da xornada que Adega desenvolverá o 26 de abril na Eira da Xoana coa participación de Marcos Rodríguez Pantoja, que conviviu 12 anos con lobos. 

Lobos
photo_camera Lobos

Marcos Rodríguez Pantoja conviviu unha ducia de anos con lobos e foi a figura que inspirou o filme “Entrelobos”. Será un dos convidados á III Xornada sobre o lobo galego que Adega organiza na Eira da Xoana o próximo 26 de abril desde as 10.30 horas. O biólogo Martiño Nercellas fará o seguimento do Plano de Xestión do lobo na primeira das sesións para, a continuación, o consultor ambiental e membro do grupo Erva, Pedro Alonso falar das perspectivas e conservación do lobo na Galiza. 

Na sesión de tarde, a partir das 16.30 horas Marcos Rodríguez Pantoja terá un especial protagonismo, en primeiro lugar coa proxección do filme “Entrelobos” para, a seguir, participar na charla coloquio posterior.

Comentarios