Achan o cadáver dunha nena de 12 anos con signos de violencia, nunha pista forestal e Teo

Fontes da investigación desbotan que sufrise unha agresión sexual. O corpo apareceu nunha pista secundaria da parroquia de Cacheiras (Teo)

 
O cadáver da nena de 12 anos -de orixe chinesa, adoptada por unha familia de Santiago- presenta "evidencias" de morte violenta, apuntan fontes próximas á investigación.
 
O xuíz de garda de Santiago, José Antonio Vázquez Taín, personouse na zona de madrugada para proceder ao levantamento do cadáver.

Comentarios