Abrente non vota hoxe os textos da Asemblea Nacional do BNG

Segundo puido saber Sermos Galiza, Abrente, a corrente dirixida por Carlos Aymerich non votará hoxe no Consello Nacional o rascuño das teses a debate para a Asemblea Nacional do BNG.

Fontes de Abrente confirmaron a Sermos Galiza que este colectivo tampouco integrará unha candidatura unitaria ao cónclave frentista que se realizará en Santiago o próximo 17 de marzo.

Abrente formulou un voto particular ás teses a debate.

O colectivo de Aymerich defende que o BNG mude a súa natureza de frente para asumir a forma organizativa de partido.

Comentarios