CUT e CNT saen á rúa contra a voracidade do capital

 
Vigo, Cangas e Compostela acolleron as mobilizacións das dúas centrais contra as medidas do goberno español e a prol dunha nova folga xeral

CUT e CNT sumaron forzas para expresar na rúa o rexeitamento ás medidas aprobadas no Consello de Ministros da pasada sexta feira, alén de facer un chamamento conxunto a "rachar coas cadeas do capital" e reclamar a convocatoria dunha folga xeral. Vigo, pola mañá, Cangas e Compostela, xa pola tarde, foron os tres escenarios onde decorreron as mobilizacións.

Na que tivo lugar na capital da Galiza participou ao redor dun cento de persoas. O que comezou cunha concentración na Praza da Galiza derivou nunha manifestación que percorreu diversas rúas da cidade  para ter previsto rematar na Praza 8 de Marzo. Palabras de orde como "O próximo parado, un deputado", "Este rescate ídelo cobrar" ou "Tí que estás mirando, tamén che están roubando" foron constantes ao longo da marcha, así como as consignas a prol dunha folga xeral  

Voandeira

"Estamos fartas e fartos. Pero non nos pode a fartura ou o cansancio. Estamos fartas e fartos de que unha minoría pase por riba de nós co rodillo do seu lucro. A minoría propietaria do Capital, voraz, comprometida en afogar na fame ao pobo traballador enteiro. A cousa está clara, ou eles, ou nós". 

Comentarios