A Xunta suprimirá este ano 1.153 interin@s na súa estrutura central

A redución do cadro de persoal producirase cando se convoquen concursos de traslados. O proxecto dos orzamentos de 2013 suprimirá estas prazas ocupadas por interin@s

No seu Plan de recortes o PP mete as tesoiras na súa propia estrutura administrativa, após a drástica redución en profesorado e na rede sanitaria pública. A estratexia que empregará o goberno de Feijóo engade elementos legais que deixarán sen traballo alomenos a 1.153 persoas que arestora teñén contrato de interinaxe coa Xunta máis 317 puestos docentes en Educación. A maiores de non cubrir as xubilacións que se produciron en anos anteriores e as que se producirán neste, non se cubrirán outra prazas incrementando a carga de traballo para o resto de traballador@s.

No artigo 24 do Proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma Galega 2013, o goberno galego sinala que non dotará económicamente estas prazas que agora están sen ocupar. Para a CIG este ponto "supón a perda de emprego dos interinos con falta de expectativas laborais". @s interin@s quedarán na rúa sen posibilidade de traballar cando cheguen os concursos de traslados. A medida que propón o goberno galego afectaría a todas os grupos e niveis da administración pública e a todas as consellarías agás Vicepresidencia.

Logo o funcionariado

Segundo a CIG con este proxecto representaría un 11%, pasando de 10.649 prazas de funcionarios en 2012 a 9.496 en 2013, un recorte que representaría o 11% en total. "Hoxe son os interinos, mañá serán os funcionarios de carreira", sinalan desde o sindicato que asegurou que o servizo na Xunta "non será o mesmo" e abre a entrada "ás empresas privadas" na xestión pública.

Comentarios