A Xunta quere rebaixar o salario dos funcionarios nun 7%

Xusto nos días nos que adoitaban cobrar a paga extra, os funcionarios reciben un duro aguinaldo. A Xunta está a preparar unha rebaixa salarial dun 7% para todos os funcionarios e empregados públicos no 2013. Agárdase que a Consellaría de Facenda comunique a decisión nunha próxima xuntanza con representantes sindicais.

 

San Caetano, sé da Xunta
photo_camera San Caetano, sé da Xunta

A previsión de gastos de persoasl dos orzamentos do 2013 contemplan unha rebaixa do 7% de salario para os funcionarios e empregados públicos e os planes da Xunta serán explicados a representantes sindicais nunha xuntanza prevista para explicar as contas do próximo ano.

A rebaixa salarial sumaríase á eliminación da paga extra e demais recortes en dereitos laborais -en especial a eliminación dos días libres- que o colectivo ven sumando no transcorrer do ano que agora remata, impostos polo goberno de Madrid e aceptados sen cuestión pola Xunta. A noticia faise pública xusto cando o colectivo está a sentir a ausencia da paga extraordinaria de fin de ano, medida que está a afectar non só a ese sector senón a outros como o do comercio. Institucións como o Concello de Pontevedra mostraron a súa “insubmisión” á eliminación da paga extra decretada desde Madrid.

Comentarios