A Xunta recorta o salario do persoal funcionario nun 7% e agrava así a crise ao impactar no consumo

Xusto nos días en que adoitaban cobrar a paga extra, @s funcionari@s reciben un duro aguinaldo. A Xunta está a preparar unha rebaixa salarial dun 7% para todo o persoal funcionario e empregad@s públic@s no ano 2013. Agárdase que a Consellaría de Facenda comunique a decisión nunha próxima xuntanza con representantes sindicais.

 

San Caetano, sé da Xunta
photo_camera San Caetano, sé da Xunta

A previsión de gastos de persoasl dos orzamentos do 2013 contempla unha rebaixa do 7% de salario para o funcionariado e empregad@s públic@s e os plans da Xunta serán comunicados a representantes sindicais nunha xuntanza prevista para explicar as contas do próximo ano.

A rebaixa salarial sumaríase á eliminación da paga extra e demais cortes en dereitos laborais -en especial a eliminación dos días libres- que o colectivo vén sumando no transcorrer do ano que agora remata, impostos polo goberno de Madrid e aceptados sen cuestión pola Xunta. A noticia faise pública xusto cando o colectivo está a sentir a ausencia da paga extraordinaria de fin de ano, medida que está a afectar non só ese sector mais tamén outros como o do comercio. Institucións como o concello de Pontevedra mostraron a súa “insubmisión” á eliminación da paga extra decretada desde Madrid.

Comentarios